quinta-feira, 23 de abril de 2009

VII Ancuontro de Pandeireta Galhega i Asturiana


VII Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana.VII Alcuentru de Pandereta Gallega ya Asturiana.

O sábado 9 de Maio gozaremos por sétima vez da convivencia e recoñecemento mutuo cos nosos curmáns. O catalizador, os cantares e bailes das dúas terras sempre acompañados do son de pelicas e ferreñas. Será como de costume no enxebre local El Sabil, situado no fermoso Conceyu de Santu Adrianu. Contaremos coa participación dos grupos de canto tradicional: -Veña que vai! (O Morrazo-Galiza).-Pandereteres de Nerbia (Asturies). O prezo, incluindo cea-confraternización; durmida no albergue e máis almorzo, é de tan só 35 €.As inscricións realizaranse directamente no albergue El Sabil: tlf. 985 761 472. www.elsabil.net